10 de julio de 2008

Ruta Bohemia

Como prometín, actualizaría de cando en vez o blog. Cando as excursións permítenmo intento sacar un intre para o computador, pero entre pasar as fotos que fago e ver o correo electrónico... non teño demasiado tempo.
Xa fixen moitas das visitas que tiña previstas. Esta primeira foto corresponde ao famosisimo cruceiro de Hío, un dos máis coñecidos de Galicia. Trátase dunha construción de pedra que indicaban os cruces de camiño, adoitan ter en anverso unha imaxe de cristo crucificado e no anverso unha da virxe. Este é tan coñecido por haberse sacado dunha soa peza de pedra, é dicir é dunha peza. Ademas é unha escena do Descendimiento de Cristo, con todas as imagenes secundarias de calquera misterio.
As dúas seguintes fotos son Cabo Home, un cantil entre a ría de Vigo e Pontevedra, cos seus faros e cruces brancas en honra aos mariñeiros mortos. Un lugar digno de ver, non volo perdais se estais por esta zona.

Non puiden ter moito tempo pa irme de bohemio, levo o meu libretilla de viaxe pa debuxar... pero as compañías non mo permitiron demasiado.

Xa estiven en Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo, Cangas, Marín... e outra infinidade de aldeíñas da costa. Todos entrañables e tan peculiares destas zonas.

De momento, non teño moito máis que contarvos, só que estou desexando volver por vervos, pero á vez gozando dos días que levo aquí e os que aínda me quedan.

Moitos bicos e abrazos a todos e todas.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Galleguiño, me alegro que estes disfrutando de tu estancia en tierras gallegas!!Las fotos son preciosas, asi que espero que puedas ir poniendo mas y conozcamos todo aquello desde aqui!
Un besote

ISA 3K

Vaki dijo...

Qué coqueto todo por Dios Santo, aunque no sepa qué carajo has puesto, habla en la castellano coño.